ACTIVIDADES

A ANPA Santa Irene intenta estar presente nas actividades non só do centro, senón tamén do noso Concello. Así, colaboramos no MAGOSTO do colexio e mais do concello, asando castañas, preparando doces, facendo festa! Tamén estamos presentes na celebración do ENTROIDO: acompañando aos máis cativos no festival do colexio, e no Domingo de Entroido do Concello, preparando e servindo as tradicionais orellas. Tamén organizamos EXCURSIÓNS e SAÍDAS, coordinamos as clases EXTRAESCOLARES e intentamos dinamizar e ampliar as ACTIVIDADES de FIN DE SEMANA: este ano probamos coas andainas e, en vista do éxito, intentaremos engadir algunha outra proximamente. Se vos animades a participar e queredes colaborar con nós do xeito que sea: sodes moi benvidas/os: ENTRE TODOS/AS, PÓDESE MILLOR.

Deixar un comentario